Obradoiro de escrita nas Pontes

O 16 de febreiro comezaremos un novo obradoiro de escrita para persoas adultas na Biblioteca Municipal das Pontes. Será un obradoiro semanal, os xoves pola noite que ten previsto rematar a comezos do mes de xuño.
Hai uns anos, fixen nas Pontes un dos meus obradoiros máis emblemáticos. Oxalá este novo poida ter esa continuidade e dar tan bos froitos!

Se che interesa participar neste obradoiro, escríbenos a correo [arroba] luagris [punto] net ou ponte en contacto directamente coa Biblioteca Municipal das Pontes:

Avenida de Castelao s/n. 15320 As Pontes
Teléfonos: 981 102 562 / 981 452 417
ou por correo electrónico a biblioteca [arroba] aspontes [punto] org

O Horario é de luns a venres de 11h a 13h e de 16h a 20h. Os sábados, de 10h a 13h.