Arquivo da categoría: en papel

papel á vista

despois de moito agardar (sen botar culpas que case todo o agardar non se debe máis que a min mesmo) xa empezo a ver o final do proceso de edición de de baleas en papel.
sairá da man de caldeirón, o selo editorial da asociación cultural que conducía o meu querido paco souto e que agora tenta con esforzo seguir adiante sen el.
será unha edición cheíña de sorpresas das que irei falando nas próximas semanas.
para empezar, a que case seguro será a imaxe da portada, obra do meu admirado tokio.