ir ao contido →

[sen-fin]

desde hai uns días está nas librarías o meu novo libro, [sen-fin], que ve luz grazas ás artes de Paco Macías en Edicións Positivas.
trátase dun libro escrito hai uns anos (anterior a de baleas e a nós-dentro) que tivo que agardar a ver luz. non porque lle pasasen cousas malas, senón máis ben porque aos outros dous lles pasaron cousas boas desusadamente rápido.
penso que é a primeira vez que repito editorial en toda a miña vida. e debo dicir aquí que o fago encantado porque Macías é un editor estupendo, que sabe coidar os obxectos que edita, que se preocupa por eles e que realmente se ocupa de que circulen, que non morran nos andeis das librarías ou nas caixas dos depósitos da editorial.
o libro nace dun proxecto frustrado: durante moito tempo estivera apuntando nun caderniño (cousa estraña porque eu normalmente non escribo en papel) ideas para escribir guións de video-poemas. pero dábame que eses proxectos video-poemas nunca ían darían o paso seguinte. xa que logo, un día, decidín converter eses proxectos de guións en pequenos poemas, que non perdesen de vista a idea inicial (teñen moitas referencias ao encadramento, cortes de escenas, etcétera).
nas próximas semanas comezará unha xira que espero que me permita, como ocorreu coas baleas, encontrarme cara a cara coas lectoras e lectores de moitos recantos do país.

publicado en Uncategorized

comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará