ir ao contido →

xira de baleas

(actualizado 24/12 19h)

hai xa algunhas semanas ando a voltas con presentacións do novo libro. a primeira foi, como non podía ser doutro xeito, en malpica. o día da tradicional cea das letras, na que se dá a coñecer o gañador (neste caso as gañadoras) do premio illas sisargas e preséntase o libro gañador do ano pasado (desta volta home invisible, de xavier queipo). foi un acto sinxelo porque ese día había unha morea de actividades e xusto a continuación da presentación había unha actuación de tino vaz.
foi unha semana intensa en malpica na que lembramos a paco souto e todo o que deixou sementado alí e segue a medrar.

a primeira presentación grande foi na chan da pólvora, en compostela. o 17 de novembro. acompañoume ariel ninas coa sanfona. a libraría estaba chea de amigos e amigas (e algúns parentes, como ben describía a szymborska no poema que hai anos lía miro villar nos recitais).

a seguinte escala foi en foz, o 1 de decembro na libraría bahía. o acto presentouno mar corbelle, en representación da asociación a pomba do arco que botou unha man grande na organización e difusión do acto. o libro introduciuno arsenio iglesias pazos (que ía de bilbo para maniños e fixo unha escala). (grazas cielo! gracias paula!)
dese acto hai un vídeo estupendo que fixo ignacio castro e que podedes ver aquí:

e aquí algunhas fotos.

o sábado 9 de decembro as miñas baleas e mais eu acompañamos a rodrigo costoya que presentaba o seu portosanto no porto do son, no marco dos cafés con libros que organizou a editorial toxosoutos (grazas, patricia!).

o 21 de decembro estiven en radio fene como convidado do clube de lectura que alí dirixe henrique sanfiz (con andrés c.m.riveira, esther val e diana castro).

o 2017 pechou por todo o alto en vigo. o 29 no café detrás do marco presentamos o libro acompañado por mig seoane, nacho muñoz (madamme cell) e macarena montesinos. meu irmán nico fixo algunhas fotos da sesión. son poucas pero son moi bonitas:

xaneiro comezou en lalín, o 3 no casino. celso fernández sanmartín fixo a presentación do libro e benxa otero puxo fermosa música.
as presentacións de celso sempre son improvisadas sobre un guión. e os apuntamentos que fai son, como os seus textos, unha fiestra aberta a mundos novos nos que moitas cousas cómpre volvelas crear (facendo clic, pódense ampliar):

a xira segue:
– o 11 ás 20h no mercado vello das pontes (en breve espero poder confirmarvos quen me acompañará coas súas músicas)
– ao día seguinte, 12 de xaneiro, en allariz, coa xente da libraría aira das letras (grazas fran!)
– o 23 de xaneiro ás 20:30 estarei na asociación veciñal agra, na coruña. nesa ocasión fará os honores o poeta mariñeiro xosé iglesias.
– o 26 ás 20h estarei na libraría paz, en pontevedra, acompañado novamente por macarena montesinos.
– e o 31 en lugo, na libraría trama

para o mes de febreiro xa están confirmadas:

– o 3, na laracha (detalles en breve)
– o 23 na libraría lea, en ferrol, acompañado por ariel ninas e presentado por andrés c.m.riveira
– e o 24 en sarria, sesión vermú en travesía dos soños con benxamín otero, grazas á colaboración da a.c.ergueitos

e, ademais, estou pechando fechas e lugares e demais para facer unhas cantas paradas máis:
na libraría komic de compostela
na libraría miranda de bueu
en ribeira
na casa de rosalía en padrón
na estrada e,
xa no verán, en moaña.

irei actualizando esta entrada a medida que vaia pasando o calendario e vaian confirmándose datos.

aquí, o mapa

publicado en actualidade de baleas presentacións recitais

comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *