ir ao contido →

emBrion

estou a inaugurar nova casa.
como xa anunciei hai un tempo, estou a transladarme con toda a miña equipaxe a un novo servidor que navega grazas aos bos oficios de amador loureiro (dorfun).

hai unhas semanas estiven de visita no ies de brión. alí, dous dos alumnos do centro, lois mera e brais cuns, entrevistáronme para a radio do centro, que se chama emBrion.

foi unha experiencia estupenda. os dous mozos fixeron preguntas moi ao caso, que reflectían unha lectura a conciencia do entrar na casa.
tamén preguntou agustín vázquez, profesor do centro e membro do equipo de normalización. e pasou facernos unha visita mariña perez rei que é profe de galego no centro.

inauguramos, pois, esta nova casa cunha ligazón á emisión desa entrevista.

publicado en Uncategorized

comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *