ir ao contido →

en italiano

veño de recibir notificación de que un poema de construcións foi publicado en italiano no sitio bibliomanie.it.
a tradución é de roberto righi, un grande amigo ao que admiro e co que temos pasado boas horas dándolle volta ás cousas da lingua e das linguas.
existen algunhas pequenas diferencias entre o texto publicado en italiano e a versión orixinal en galego. de feito, existen algunhas pequenas diferencias entre a versión en galego que acompaña a tradución en bibliomanie.it a respecto da que se publicara no libro de edicións positivas en 2008. son pequenos matices que naceron da conversación sobre a tradución e que non me resistín a modificar.
atribúeselle a borges a frase “publico libros para deixar de corrixir os poemas”. está visto que nin mesmo a publicación en libro é para min un impedimento para o vicio de seguir corrixindo. tampouco non o era para borges, que modificaba os seus poemas entre unha edición e outra. salvando as obvias distancias, claro.

publicado en construcións publicacións traducións

un comentario

  1. Maribel-bel Maribel-bel

    Supoño que é un pracer verse traducido a outro idioma, pero…a música da construción pérdese. Recordo a Gamoneda cando decía que era imposible traducir a poesía en galego a calquer outro idioma, que perdía todo o sabor. Unha aperta e felicitacións.

os comentarios están pechados